![](https://images.squarespace-cdn.com/content/v1/5f775e80691ea63ec809755f/852c9026-f910-4866-b904-a709c3b98bd7/cartocorunaB.jpg)
Cartografía.
Con este curso aprenderás a traballar con mapas e bases de datos xeoespaciais.
Aprenderás primeiro a ler un mapa e orientarte con el, a comprender os signos convencionais e as curvas de nivel, e a utilizar tanto os mapas clásicos coma os navegadores dixitais (OsmAND, Google Maps, etc) para planificar as túas rutas.
Aprenderás a utilizar ferramentas libres coma QGis para manipular bases de datos xeoespaciais e preparar os teus propios mapas coas capas que che interesen, ademais de maquetalos artisticamente, cambiar a proxección do mapa e personalizar os signos convencionais.
Tamén aprenderás a filtrar os elementos cartográficos por determinados parámetros, como poden ser a poboación, o caudal, a altitude, etc.
Ademais aprenderás a aproveitar as bases de datos accesibles ó público, coma por exemplo o Catastro, o PNOA, o mapa topográfico nacional MTN25, os Plans Xerais de Ordenación Municipal, a Información Xeográfica de Galicia, ou o OpenStreetMap.
Por último aprenderás exportar o teu traballo en planos pdf ou imaxes, e tamén se o desexas, a contribuír na base de datos libre do OpenStreetMap e na Wikipedia.