Debuxo técnico.

 

pinturas por William Blake

Debuxo técnico.

Con este curso aprenderás a disciplina do debuxo técnico, a utilizar as ferramentas manuais, a mellorar a túa visión espacial e a representar con precisión o mundo que nos rodea.

Aprenderás a facer a man os trazados fundamentais no plano, as transformacións xeométricas, as curvas técnicas e cónicas, a representación e transformación de polígonos e poliedros, afondarás nos sistemas de representación coma o sistema diédrico, os sistemas axonométricos ou o sistema cónico, e coñecerás os fundamentos da normalización.

Por último aprenderás sobre técnicas menos coñecidas como as ferramentas hiperbólicas de representación, as teselacións do plano e do espazo, o cálculo matemático mediante o debuxo, as ferramentas compositivas para análise e síntese artística, etc.

 
Previous
Previous

Renders

Next
Next

Deseño gráfico