Inkscape.

 

imaxe de portada por Dedouze

Deseño gráfico.

Con este curso aprenderás a utilizar ferramentas de uso libre e gratuíto coma Inkscape e Gimp para desenvolverte no mundo do deseño gráfico.

Aprenderás a retocar e definir co cliente o sumario ou brief que te guiará ó longo do proceso creativo, tanto para traballos de imaxe corporativa, logos, carteis, publicidade, serigrafía, contidos virtuais, etc. Verás as regras básicas de composición e metodoloxías creativas para desenvolver as túas ideas.

Tamén aprenderás a definir graficamente a túa proposta con trazados vectoriais no Inkscape, utilizando o rato e a tableta gráfica, e modificando os estilos de trazo e recheo ata obter o resultado desexado.

Por último aprenderás a exportar o teu traballo en SVG e AI para compartilo en vectorial, e a rasterizalo a PNG para continuar traballando no Gimp, onde poderás combinar facilmente o trazado con imaxes e textos para obter resultados profesionais.

 
Previous
Previous

Debuxo técnico

Next
Next

Pintura dixital