Pintura dixital.
Con este curso aprenderás a utilizar ferramentas de uso libre e gratuíto coma Krita e unha tableta gráfica para desenvolver todo o teu potencial creativo.
Aprenderás a controlar a tableta gráfica ata o punto de estar tan centrado na pantalla e no que estás a pintar, que esquezas que hai un trebello electrónico polo medio. Tamén a utilizar unha imaxe de referencia e os distintos tipos de pinceis virtuais que ofrece Krita, a atopar outros en internet, e a crear os teus propios.
Tamén aprenderás sobre composición e historia do arte, e sobre a vangarda de arte dixital.
Por último aprenderás a exportar o teu traballo para compartilo con alta calidade, para imprimilo, ou para subilo a plataformas coma Instagram, Twitter, Facebook, DeviantArt, Printful, Reddit ou ArtStation.