Writer.

 

imaxe de portada por Pascal Blanché

Documentos de texto.

Con este curso aprenderás a utilizar ferramentas de uso libre e gratuíto coma LibreOffice Writer para escribir, procesar textos, e desenvolverte no mundo dixital no que vivimos.

Aprenderás primeiro a moverte polo programa e obterás recursos para aprender a mecanografar, seguido dunhas nocións básicas sobre tipografía e maquetaxe.

Despois aprenderás a traballar con parágrafos e estilos, para non coller malos hábitos e organizar ben os documentos dende o inicio. Aprenderás a utilizar os cabeceiros e pés de páxina, a dividir en columnas, a utilizar táboas, a inserir imaxes e caracteres especiais, e a combinar datos das táboas de cálculo.

Aprenderás tamén a utilizar os campos automáticos, útiles en documentos grandes, a usar os dicionarios e as ferramentas de corrección, e tamén a ler as estatísticas do documento para controlar canto se escribe e a que velocidade. Aprenderás a estruturar correctamente un documento complexo e a xerar un índice.

Por último aprenderás a exportar o teu traballo en PDF para poder imprimilo ou compartilo na rede.

 
Previous
Previous

Presentacións

Next
Next

Táboas de cálculo