Táboas de cálculo.
Con este curso aprenderás a utilizar ferramentas de uso libre e gratuíto coma LibreOffice Calc para realizar cálculos sinxelos e complexos, e para xerar gráficas e táboas de datos. Unha ferramenta que todo cidadán contemporáneo debe coñecer.
Aprenderás os conceptos fundamentais da táboa de cálculo, como que cada columna só debe conter un único tipo de dato, que cada cela debe conter un único dato, etc. Aprenderás a identificar e utilizar as fórmulas que precisarás en cada situación, a ordenar os datos por columnas, a crear columnas de resolución de problemas, etc.
Tamén aprenderás usos prácticos coma a levar unha contabilidade, unha avaliación, un inventario, un seguimento, a importar datos reais (meteorolóxicos, estatísticos, cartográficos, etc), a xerar gráficas e infinidade de aplicacións máis.
Por último aprenderás a exportar o teu traballo en PDF para imprimilo e compartilo nas redes, e en ODS, CSV e demais arquivos editables de datos.