![](https://images.squarespace-cdn.com/content/v1/5f775e80691ea63ec809755f/1620731335800-VX1U20LGN9AEJFM1294I/robin-tran-sketching2.jpg)
Edición de vídeo.
Con este curso aprenderás a utilizar ferramentas de uso libre e gratuíto coma Blender para crear e editar vídeos con acabado profesional.
Aprenderás a utilizar as túas gravacións, cortar clips, cambiar o audio, poñer títulos e textos, facer transicións. Tamén a utilizar fotografías e animalas mediante pan e zoom, gravar voz en off e a superpoñer animación 2D.
Por último aprenderás a exportar o teu traballo para subilo a plataformas coma Youtube, Facebook e Instagram.