Edición fotográfica.
Con este curso aprenderás a revelar dixitalmente as túas fotografías e os principios fundamentais á hora de editalas.
Aprenderás a crear unha fototeca e a etiquetar e organizar as túas fotografías mediante aplicacións de software libre coma DigiKam.
Aprenderás a manexar programas libres de edición fotográfica coma Gimp, comezando polas edicións máis sinxelas que outorgan un gran control sobre o resultado final, coma son as ferramentas de recorte e xiro e a traballar con curvas e histogramas.
Tamén aprenderás a combinar capas con distintos métodos de fusión, a crear os teus propios filtros de fotografía, a traballar con mapas de degradados, a coñecer o mundo dos brancos e negros, a clonar, deformar, desenfocar e distorsionar, así coma a traballar con textos.
Ademais aprenderás a traballar con máscaras para técnicas de collage dixital e control de transparencias, e a utilizar os pinceis cunha tableta gráfica para pintar sobre as imaxes.
Por último aprenderás a exportar o teu traballo e a coñecer a gran cantidade de formatos de imaxe que existen, e cal e máis axeitado para diversas plataformas e documentos.