Fotografía.

 

fotografía de portada por Iago Casabiell

Fotografía.

Con este curso aprenderás a facer fotografías de alta calidade, tanto no aspecto técnico coma no artístico.

Aprenderás a usar as técnicas de control manual nunha cámara reflex e nun teléfono móbil, e a traballar cos controis semiautomáticos, tanto en prioridade de apertura coma en prioridade de tempo de exposición. Dominarás o control da exposición e da sensibilidade ISO, e verás como traballar baixo distintas condicións de iluminación.

Aprenderás as regras de composición e a como aproveitalas en distintas situacións, así como cando é o momento de rompelas.

Tamén aprenderás a traballar en distintos ámbitos da fotografía, coma a paisaxe, o detalle, a arquitectura e o retrato.

Por último aprenderás a presentar o teu traballo nun porfolio, ou a compartilo en distintas plataformas coma Instagram e a Wikipedia coñecendo os distintos tipos de licenzas.

 
Next
Next

Edición fotográfica