Esculpir en 3D.
Con este curso aprenderás a utilizar ferramentas de uso libre e gratuíto coma Blender para desplegar a túa creatividade esculpindo en tres dimensións.
Aprenderás a utilizar Blender para xerar as formas básicas e unha tableta gráfica para sacar partido ás poderosísimas ferramentas de tallado e esculpido que incorporou o programa nos últimos anos. Aprenderás tamén a combinar o debuxo 2D sobre as esculturas 3D e viceversa.
Por último aprenderás a utilizar materiais, pintar sobre o modelo e renderizar o teu traballo para poder subilo a plataformas coma Instagram, Facebook e Twitter.