Xeometría procesual.
Con este curso aprenderás a utilizar ferramentas de uso libre e gratuíto coma Blender para xerar procesualmente unha escea 3D.
A forma habitual de modelar en 3D consistía en combinar e posicionar modelos rematados para cada elemento nun enorme arquivo coa escea final. Isto da lugar a un arquivo enorme, estático e difícil de reorganizar. Co modelado procesual que permiten ferramentas como Blender ou Houdini, cada elemento xérase no momento, combinando series de instruccións que transforman figuras básicas. Estas instruccións chámanse nodos xeométricos e pesan moi pouco, posibilitando esceas moi dinámicas e editables.
Aprenderás a utilizar nodos xeométricos para construir diversas formas e paisaxes, xerando árbores, montañas, etc. Aprenderás tamén a animar a xeometría procesual coas máis punteiras ferramentas de Blender, conseguindo resultados únicos no mercado.
Por último aprenderás a engadir materiais e renderizar o teu traballo para subilo a plataformas coma Youtube, Facebook e Instagram.